Saltar navegación

Traballa con Xiana

Poñémonos en marcha!

Peregrina con mochila
Pexels. Backpack. (CC0)

Perfecto, xa temos decidido o camiño e o punto de partida, tamén a nosa acreditación de peregrino, agora hai que facer a mochila. Que levar? Temos que pensar moito que meter nela porque ao terceiro día vai pesar ata a alma...

Despois de documentarnos, chegamos a conclusión de que precisaremos :

  • Calzado cómodo para andar. O camiño non ten grandes dificultades e, se hai bo tempo, é mellor utilizar unhas zapatillas de deporte cómodas (se chove, xa é outra cousa...).
  • Calzado cómodo para descansar e ducharse. É importante ter unhas zapatillas cómodas para descansar os pés despois dunha xornada de camiño.
  • Un saco de durmir. Se se vai durmir en albergues, non é necesario un saco de alta montaña. O importante é que pese pouco e que sexa illante.
  • Un poncho para a choiva. É importante levar un impermeable que cubra a mochila.
  • Roupa. O mínimo. Se se vai no verán, pódese subsistir con tres mudas de roupa interior (que se lavan diariamente e poden secar colgadas na mochila ao andar), uns pantalóns curtos para andar, outros longos para poñerse "de limpo", tres camisetas de manga curta e un xersei para a noite. Se vas en época de choiva, a cousa cambia. Ten en conta que, por moito impermeable que leves, terminarás cos pés empapados e se levas pantalóns longos tamén. Recoméndase levar pantalóns curtos para andar, miles de calcetíns e botas de montaña que resistan ben a choiva.
  • Un chapeu ou gorra para o sol (se se vai no verán).
  • Unha cantimplora (ou a clásica botella de auga). Ollo, as fontes non son tan abundantes como cabería pensar.
  • Unha navalla multiusos.
  • Unha lanterna.
  • Unha pequena caixa de primeiros auxilios. Ten en conta que as rozaduras, bochas e tordecuras son o máis común.
  • A documentación recompilada coas etapas para realizar, os puntos de interese, as direccións e teléfonos importantes, etc.

Lembra sempre a regra de ouro: todo o que levas, pesa.

  Non nos podemos esquecer da credencial de peregrino para ir selando no camiño!  

Credencial peregrino.
CRIS&MATI. Credencial (CC BY-NC-SA)

Preparamos a mochila para facer o camiño

Despois de tanta información, xa ando un pouco perdida. Vós tendes claro o que temos que levar para facer o camiño? Deixámosvos aquí un pequeno libro que o resume todo moi ben. Ánimo xa nos queda pouco para comezar o reto.

Portada do libro
CRIS&MATI. Imos prepararnos para facer o camiño (CC BY-NC-SA)
Preme aquí para ler o libro ONLINE
Preme aquí para ler o libro PDF

Axúdame agora a facer uns pequenos calculos

Coa táboa que temos no libro de Xiana imos calcular que cousas e cantas poderemos levar para non ir demasiado cargados, e tamén a inversión que temos que facer na compra das cousas que necesitamos.

Podes facela en pdf premendo AQUÍ ou directamente na ficha (con conexión a internet)