Saltar navegación

Traballa con Mauro

Terceiro día de Camiño.

Entrando xa na provincia de A Coruña e algo cansos, pero moi felices pola aventura, chegamos a Melide, un municipio moi interesante monumentalmente. Percorrendo as súas rúas podemos atopar capelas, igrexas, cruceiros, pontes … que non podemos deixar de visitar. Podedes ver un pouquiño do que nós vimos, premendo no bocadillo que aparece enriba de Melide.

Esta vila é a capital da comarca Terra de Melide, integrada polos concellos de Melide, Santiso, Toques e Sobrado. Xunto cos demais municipios da comarca é un importante centro de actividade agropecuaria centrado na gandería do vacún de leite e carne e de gando porcino. O sector forestal cada vez ten máis peso. Outra actividade importante en Melide é o comercio e a hostalería na que os peregrinos e peregrinas coma nós xogamos un papel importantísimo.

Cartel indicador
Sanctumdigital. Sign-post-g5b4340c5e. (Licencia Pixabay)

Xa estábamos abraiados con toda esta información, cando Mauro viu o indicador da Área recreativa do río Furelos. Tanto lle gusta a natureza que aló nos fomos todos a ver cos nosos propios ollos toda a beleza do lugar, no que a flora e fauna de Galicia están presentes.

Mapa municipio de Melide
CRIS&MATI. Mapa_flora_melide. (CCBY-NC-SA)

FERVENZA DAS BRAÑAS

Un pouco máis arriba da área recreativa está a Fervenza das Brañas, cunha altura duns 30 metros. Xa acostumados a camiñar decidimos subir ata ela, comezando o paseo desde a zona recreativa, despois de descansar un pouco e por suposto desfrutar da natureza. Nós sacamos a nosa libretiña e comezamos a anotar todos os animais e plantas que atopamos. Propoñémosvos completar con nós unha ficha de cada un deles.

Río Furelos
Tunante80. Río Furelos (CC0)

Caderno de Aldara

Caderno de Aldara
CRIS&MATI. Caderno de Aldara (CC BY-NC-SA)

Preme enriba do caderno para poder lelo e cubrilo.

Caderno de Xiana

Caderno de Aldara
CRIS&MATI. Caderno de Aldara (CC BY-NC-SA)

Preme enriba do caderno para poder lelo e cubrilo.


Caderno de Mauro

Caderno de Mauro
CRIS&MATI. Caderno de Mauro (CC BY-NC-SA)

Preme enriba do caderno para poder lelo e cubrilo.

Caderno de Antón

Caderno de Antón
CRIS&MATI. Caderno de Antón (CC BY-NC-SA)

Preme enriba do caderno para poder lelo e cubrilo.

Investiga un pouco:

Busca información en internet sobre o río Furelos e outros ríos do Camiño Francés. Logo completa o texto cos nomes dos ríos. Ten en conta as regras de ortografía.

O río Furelos que fomos visitar é un afluente do río . Ademais deste río no noso percorrido polo Camiño Francés desde Sarria, tamén cruzamos o río .

Habilitar JavaScript