O camiño de Santiago é para moitos peregrinos un camiño espiritual (para poder coñecerse mellor a si mesmo ou mesma) e por suposto tamén un camiño turísitico (para ir coñecendo novos lugares, costumes, persoas …)
É por todo isto, que moitos peregrinos levan un diario no que van apuntando o que lles pasou ese día, como se sentiron, que coñeceron …
Antón proponvos facer un pequeño diccionario do Camiño recopilando palabras novas que vos foran difíciles de entender ou recollendo emocións, sensacións, que credes que pode sentir un peregrino.
Para axudarvos a poñervos na pel dun deles podedes ver o seguinte vídeo, que está aloxado na páxina “El camino de Santiago” da Xunta de Galicia.
Preme enriba da imaxe para que che leve á páxina. Logo fai click sobre o logotipo do PLAY
Tarefa: Continúa o diccionario do Camiño.
|
Despois de ler o diccionario de Antón, fai o teu propio diccionario tendo en conta a orde alfabética e a ortografía. Podes axudarte do diccionairo da Real Academia Galega premendo na seguinte ligazón: |
A tarefa consiste en ampliar o diccionario de Antón con 9 novas palabras, poñendo 3 en cada unha das follas por orde alfabética. Usa a ficha interactiva que poderás abrir premendo na imaxe do caderno, unha vez cuberta gárdaa no cartafol da ODE.
