O camiño francés
Vendo na gráfica da oficina de acollida ao peregrino/a, que a maioría da xente escollía o camiño francés, decidimos facelo nós tamén para ir aprendendo un pouco máis sobre os lugares polos que vai pasando o percorrido.
O primeiro era decidir en que medio de transporte íamos facelo: en bici ou andando? Axúdanos a tomar a decisión.
Estas son as etapas do Camiño francés que podemos facer sen saír da nosa comunidade autónoma. A distancia de cada unha delas podedes velas no seguinte esquema:
O primeiro que temos que facer é escoller entre facer o camiño a pé ou en bicicleta. Queremos conseguir a Compostela pero sen saír da nosa Comunidade Autónoma.
Saberías axudarnos a decidir en que medio de transporte facelo?
Desde onde empezaremos?
Cantos días tardaremos en chegar?
Cantos selos temos que poñer na credencial de peregrino?
Se non recordas as condicións da Compostela ou o que é a credencial, podes voltar á paxina "Aprendemos sobre o Camiño"
Axúdanos resolvendo esta actividade:
Preme AQUÍ para abrir o PDF da ficha.
liveworksheets.com