Saltar navegación

En que lugar nos atopamos?

Fin de semana en Mondoñedo

Ola son Antón! Esta fin de semana fun a casa dos meus avós en Mondoñedo, gústame moito ir alí porque no faiado podes atopar de todo.  Desta volta, nunha maleta vella apareceume un mapa. Non tería que ser nada novo, no colexio vemos mapas a cotío con ríos, provincias, montañas … O curioso é que neste non aparece nada diso, senón só os nomes dalgúns lugares unidos cunha liña amarela. Por si non abondara con iso, na parte de atrás, escrito cunha letra moi rara, había unha lenda.  En canto o vin tíveno claro. Isto temos que investigalo! Que son eses nomes en francés? Que tipo de rutas están marcadas no mapa? Seguro que o meu equipo e mais eu daremos coa solución!

Acompáñasnos?

Mapa
CRIS&MATI. Camiños Xacobeos (CC BY-NC-SA)

De volta á casa ensineilles o mapa e todos/as estaban dacordo. Tíñamos que poñernos mans á obra. Xiana é moi boa coas mates, a xeometría, as gráficas e  axudou a Aldara  que se quedou co mapa. Mauro decidiu  investigar un pouco máis sobre algún dos lugares que aparecían no mapa. A min quedoume un traballo que me encanta: ler a historia e explicar que relación tiña co mapa por iso me acerquei ata a biblioteca.