Informámonos
Despois de indagar un pouco, decidimos que a mellor maneira de comezar a nosa investigación era visitar un dos lugares que coñecíamos do noso mapa: Santiago de Compostela.
Alí sentados na Praza do Obradoiro, desde onde podíamos ver un dos edificios máis importantes da cidade, decidimos visitar dous lugares onde obter información:
- Visita á oficina de turismo. Santiago de Compostela.
Neste lugar faláronnos moito sobre a cidade e déronnos un plano cos lugares máis importantes a visitar. Se queres velo podes descargalo en pdf pinchando enriba da imaxe.
Un pouco de historia: Na oficina de turismo contáronnos algúns datos importantes sobre Santiago de Compostela. Atentos e atentas, dádelle a PLAY!
2. Visita á oficina de acollida ao peregrino. Santiago de Compostela.
Outra das nosas visitas foi á oficina de acollida ao peregrino/a. Nada máis chegar atopámonos cunha gran fila de xente que esperaba para entrar. Alí acuden todos/as os/as peregrinos/as que ao rematar a viaxe, chegando a Santiago, queren conseguir a Compostela.
Que é iso da Compostela? Pois unha acreditación de ter feito o camiño pero para conseguila tes que mercar unha credencial ( un libriño para ir selando ao longo do camiño) e reunir unha serie de condicións:
Puidemos ver ademais moitas gráficas con informacións de cal é o país de orixe dos/as peregrinos/as, en que lugar comezan a viaxe, en que medio de transporte o fan... Pero a nós interesounos esta sobre os diferentes camiños que existen:
Podedes acceder a máis gráficas sobre o Camiño na seguinte web:
https://oficinadelperegrino.com/estadisticas2/