Unha vez concluídas as presentacións de todos os grupos, reflexionamos sobre a experiencia e buscaremos entre todos unha resposta colectiva á pregunta inicial, sobre o aprendido e sobre o proceso seguido. Así mesmo, hai unha serie de actividades que foron realizadas ao longo do proceso e que xeraron un produto final á vez que se produciu unha aprendizaxe efectiva.
Tentaremos resolver cuestións como:
O proceso de aprendizaxe foi efectivo?
Que habilidades desenvolveron os estudantes?
Que tipo de problemas foron capaces de resolver?
Tiveron acceso aos recursos que necesitaron e souberon como utilizalos?
Tiveron claro os roles e as responsabilidades de cada un dentro do grupo?
Soubose traballar en grupo e foi efectivo?
Acadouse o obxetivo?
O produto realizado resulta útil e atractivo ao alumnado do centro?
Reforzaron os seus coñecementos adquiridos sobre xeometría?