Saltar la navegación

3. Planificación do proxecto e da súa avaliación

Logo da choiva de ideas e posta en común e maduración das decisións tomadas, o alumnado presentará un plan de traballo onde especifiquen as tarefas previstas, os encargados de cada unha e o calendario para realizalas. Debatirase sobre temas como: a investigación sobre o xoguete, ofrecemento da nosa proposta ao centro, organización da startup, deseño dos xogos e xoguetes, adquisición do material para os xogos e xoguetes, realización dos xoguetes, preparación da área para a colocación dos xogos, carteis de instrucións...

Repartiranse as tarefas e os roles conforme as habilidades de cada alumno. Dunha maneira equilibrada e encamiñadas á óptima realización do produto final en grupo.

Formación dos equipos, faranse grupos de alumnos onde haxa diversidade de perfís e cada un desempeñe un ou varios roles. Teremos en conta que pode haber actividades que comporten traballo individual, en parella ou grupo.

Búsqueda de información: investigación sobre o universo do xoguete, a súa historia, a fabricación, materiais, funcións,...

O  alumnado estará preparado para buscar de forma efectiva, contrastar e analizar a información que necesitan para realizar o traballo, aprender xuntos, axudarse entre compañeiros, traballar con liberdade a través dos seus gustos e intereses, experimentar no mundo laboral, desenvolvela súa creatividade e habilidade, mellorala autonomia  e autoestima.

Temporalización 10 horas lectivas:

Presentación do proxecto: Unha sesión.

Presentación de prototipos: Dúas sesións.

Búsqueda de información relacionada: Unha sesión.

Presentacións do alumnado: Unha sesión.

Xerar xogos: Catro sesións.

Reflexión final e avaliación: Una sesión.