Saltar la navegación

0. Introdución

Imos amosalo noso sentido emprendedor!

Temos que sacar adiante a nosa pequena empresa startup. Para iso planteamos pensar nun produto creativo relacionado cos xogos. Deseñaremos e crearemos un producto útil para o noso centro e procuremos darlle diferenciación á devandita idea a través da innovación, para finalmente emprender o proxecto-negocio.

Notamos en falta xogos e xoguetes para usar no tempo de lecer do centro. Hai moitos alumnos que non teñen ou non saben qué facer no recreo e incluso se aburren. Cremos que aportando novas maneiras de entreterse o ambente será mellor e resolveremos problemas como o comportamento disruptivo,…

Proponse un proxecto didáctico polo cal a través de diferentes actividades plásticas o alumnado levará a cabo a creación de xogos para unha singular ludoteca. Ditas actividades pretenden que o alumnado deixe de ser pasivo e desenvolva un papel activo no seu ensino, é dicir, que actúe, decida e se exprese. Desta forma serán capaces de construír as súas propias aprendizaxes a través da investigación, experimentación, a observación e manipulación de diversas técnicas e materiais. Así mesmo, descubrirán as súas posibilidades en relación á expresión plástica, fomentando en todo momento a capacidade de expresión a través da súa imaxinación e creatividade.

Este proxecto será completado con varias actividades realizadas para as unidades 7, 8, 9 e 10.


O xogo é utilizado frecuentemente para integrar ós nenos na súa contorna. Para que establezan relacións sociais e comprendan as normas de convivencia e cívicas. Por isto, non podemos pensar que o xogo é só unha técnica para distraer os rapaces senón que, de maneira singular e espontánea contribúe ao desenvolvemento, favorecendo as habilidades sociais, mentais e físicas. Todo isto, converte ao xogo nunha estratexia metodolóxica importante para o ensino da educación na etapa de aprendizaxe.
Ademais, estimula o desenvolvemento de diferentes elementos que favorecen a súa formación como persoa, como a confianza en si mesmo, o desenvolvemento madurativo e as súas habilidades, a motricidade, a visión espacial, a creatividade, etc. Todo isto axuda a calquera rapaz nos diferentes contextos da vida, permitíndolles tomar decisións, escoller as súas amizades, a  ampliar o seu círculo social, a regular os seus impulsos, e os que sofren dificultades de coordinación favorécelles manipular diferentes materiales que requiren distintos movementos.