Os alumnos poñerán en común a información recompilada. É o momento de que compartan as súas ideas, debatan, elaboren hipóteses, estruturen a información e busquen entre todos a mellor resposta á pregunta inicial.
Realizarán unha autoevaluación: deben escribir unha frase definindo qué lle pareceu o proxecto (a súa experiencia). Aprendín a facer enquisas, a buscar información en Internet, a xestionar unha compra de material,... Percateime dirixir a un grupo de persoas, de que me gusta deseñar aparellos, de que é enriquecedor xogar para aprender... Ademais analizarán todo o proceso tendo tamén en conta se algo saiu mal ou diferente ao que se planeara no inicio.Usaranse diferentes alternativas de avaliación, que ademais de avaliar serven como un instrumento máis do proceso de aprendizaxe aos alumnos. Avaliación sumativa e formativa (retroalimentación), avaliación continua (observación durante todo o proceso), valoración do producto final.