Saltar navegación

A Roldana no Barroco español

   

Luisa Ignacia Roldán Villavicencio naceu en Sevilla en 1652, foi filla de Pedro Roldán, un recoñecido mestre escultor e imaginero. Luisa creceu rodeada de imaxes de virxes, anxos e arcanxos e destacou de entre os seus irmáns pola súa pronta vocación pola talla en madeira, sen dúbida debido á súa participación no taller familiar da cidade do Guadalquivir no que traballou até o seu matrimonio en 1671. Despois da etapa de aprendizaxe e primeiras obras realizadas en Sevilla, en 1686 trasladouse a Cádiz para realizar diversos traballos encargados polo cabildo municipal e o catedralicio. En 1689, o matrimonio trasladouse a Madrid co único fillo vivo do cinco que tivera, xa que a mortalidade infantil arroxaba cifras escandalosas na España daquela época e en Madrid tiveron a súa sexta filla, María.

     A súa escultura foi de temática relixiosa, seguindo as directrices do Concilio de Trento de humanizar a arte das imaxes, para pór a relixión máis próxima ao pobo. Realizou esculturas de tamaño natural para procesionar, en madeira ou de barro cocido con policromía e moitas delas das chamadas «de candelero» ou para vestir, así como tamén outras de pequenos grupos de devoción para particulares e conventos, con gran movemento e expresividade con plenas características da arte barroco.

    En 1693 Luisa logrou o suficiente recoñecemento para ser nomeada Escultora de Cámara do rei Carlos II, cun colosal “O arcanxo San Miguel vencendo ao demo” que se atopa actualmente en clausúraa dos monxes do Mosteiro do Escorial, título que ningunha muller conseguira antes. No ano 1700 morreu Carlos II e o novo rei Felipe V, chegou a España uns anos máis tarde. Luisa Roldán presentou ao novo rei dúas obras, un Enterro de Cristo e un Nacemento, á vez que lle enviaba unha solicitude para que se servise nomeala novamente escultora de Cámara.

    A Roldana morreu aos 54 anos, pobre até o extremo de ser enterrada de caridade, deixándonos a súa prodixiosa produción. Unha obra que sabe ser dramática, case viril, na representación da dor, da paixón, e primorosa nos seus deliciosos barros, pero cábelle o gran mérito de ser a primeira escultora española rexistrada e ser unha das principais figuras da escultura do Barroco.

Enlaces:

Mujeres en la Historia, https://www.mujeresenlahistoria.com/2011/05/la-escultora-luisa-roldan-1652-1704.html

Luisa Roldán, https://es.wikipedia.org/wiki/Luisa_Rold%C3%A1n

Luisa Roldán, http://www.conocersevilla.org/biografias/escultores/roldana/roldana.html

La Roldana, una "Alhaja" de escultora, https://elpais.com/cultura/2017/04/15/actualidad/1492274377_414635.html

Ver este interesante documental sobre a figura da Roldana:

OBRA


A súa obra, moi abundante e principalmente de imaxinaría, tamén terracotas de pequeno formato sobre todo na súa estancia en Madrid para a pequena burgesía.distribúese sobre todo por Andalucía, pero tamén fóra desta, como en Madrid, Mostoles e Sisante (Conca). Aquí temos unha relación da súa obra coñecida e conservada. 

- María Santísima do Silencio, Xaén

- Tallas de San Servando e San Germán, patróns de Cádiz

- María Magdalena, Cádiz queimada en 1936

- Dolorosa dos Remedios, Jerez de la Frontera

- Virxe da Soidade, Puerto Real

- Anxos querubines de prata, Igrexa Maior Prioral, El Puerto de Santa María

- Ecce-Homo. Catedral de Cádiz. 1684. Madeira tallada e policromada.165 cm. Datada e de autoría confirmada polo documento achado no seu interior tras a restauración de JM. Sánchez Pena en 1984. Cabeza, brazos, mans e torso até a altura da cadeira en madeira de cedro, e o resto incluída a clámide en madeira de piñeiro.

- Ecce-Homo, Córdoba

- Arcanxo San Miguel vencendo ao demo, Madrid

- Cristo do Perdón, Fregenal de la Sierra

- San Fernando , Catedral de Canarias , (Gran Canaria)

- Virxe de Belén, atribuída a “a Roldana” na Capela do Presidente da Catedral Nova de Salamanca.

- Nso. Pai Jesús da Misericordia, (León, Convento das Carbajalas)

Traballando coa súa obra

Imos a traballar coa obra de Luisa Roldán para coñecer mellor a súa producción artística. 

Das obras citadas anteriormente imos a seleccionar unha e a buscar información sobre ela:

1º. Citar o nome ou título completo da obra.

2º. Tema que representa

3º. Ano aproximado en que foi realizada

4º. Onde se conserva actuamente

5º. descripción da imaxen ou imáxenes

6º. Información que consideremos importante para ter un coñecemento máis completo da obra.