A muller artista na epoca moderna: a súa condición
Tradicionalmente as mulleres na historia estiveran relegadas ao ámbito doméstico e que a súa participación no campo laboral, científico ou artístico foi insignificante. Pero as investigacións realizadas nos últimos tempos permitiron descubrir novos coñecementos sobre as mulleres artistas ao longo da Historia. O certo é que houbo grandes artistas pero non foron recoñecidas, moitas das obras que fixeron foron atribuídas a homes xa que o feito de que fose unha muller baixaba moito o valor adquisitivo das composicións artísticas.
Durante a Idade Media o anonimato artístico primou o silencio neste sentido debido ao anonimato artístico, non sería até o século XVI cando atopamos referencias directas sobre estas creadoras artísticas. A partir do século XV prodúcese en Italia un cambio na valoración social do artista, que se estendeu logo por todo o Renacemento e o Barroco. Os artistas empezaron a reivindicar que a pintura, a escultura e a arquitectura fosen consideradas artes liberais xa que requirían unha intensa actividade intelectual e espiritual que as afastaba do simple oficio mecánico e artesán ao que estaban suxeitas na Idade Media co sistema gremial. Ao longo dos séculos XVI e XVII a pintura alcanza cotas nunca máis igualadas. A arte dos talleres do Renacemento é produto de artistas tanto masculinos como femininos. O paso do tempo relegou ao esquecemento a figuras de primeiro nivel que gozaron de enorme prestixio e recoñecemento entres os seus contemporáneos. Pintoras de cámara de reis e papa, creadoras da Escola Italiana e Flamenca, e as súas achegas á historia da arte
Durante o renacemento, a primeira vez na que a historia que se recoñece ás mulleres como protagonistas e lémbraas. Hai constancia de que había mulleres aprendices que estaban nos talleres, pero adoitaba ser sempre baixo a dependencia do home, accedendo á profesión da man dun protector, un marido artista ou un pai artista.
A posibilidade de aprender nos talleres dos seus pais tornouse en desasosego ao ver mermado o seu mérito por estar vinculadas, precisamente, aos seus proxenitores. Tal foi o caso de Marietta Robusti, filla de Tintoretto, Antonia Uccello, filla de Paolo Uccello, ou Margarita van Eyck, filla de Jan van Eyck, son só algúns exemplos. Destacaron, igualmente, Sofonisba Anguissola - no século XVI-, Isabel Sirani -no século XVII- e a súa contemporánea Artemisa Gentileschi, unha das artistas máis prolíficas do seu tempo cuxos traballos gozaron de especial transcendencia na Historia da arte, aínda que non sexan recoñecidas todas as súas obras como propias até ben entrado o século XX. Un dos seus autorretratos, catalogado durante anos como Alegoría da pintura, non lle foi atribuído até 1962; proba da tardanza que levou o recoñecemento do labor dunha artista catalogada como “revolucionaria para o seu tempo”.
No seguinte enlace podemos consultar unha relación moi completa das mulleres artistas europeas dos séculos XVI ata o XVIII:
Mujeres pintoras: Edad media y siglos XVI – XVII – XVIII
Imos a ver, a continuación, un vídeo no que se aborda un pequeno estudo sobre o Renacemento e as mulleres pintoras que destacaron na época:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0