Saltar navegación

Potencias

POTENCIAS

Unha potencia de expoñente natural é unha forma abreviada de escribir un produto de factores iguais.

a·a·a...·a = an, onde a é a base, o factor que se repite e n o expoñente, o número de veces que se repite o factor.

OPERACIÓNS CON POTENCIAS DA MESMA BASE

O produto de potencias da mesma base é igual a outra potencia da mesma base, cuio expoñente é a suma dos expoñentes dos factores.

am·an = a m+n

O cociente de potencias da mesma base é outra potencia da mesma base cuio expoñente é a diferenza entre os expoñentes do dividendo e do divisor.

am:an = am/an = a m-n

A potencia dunha potencia é igual a outra potencia da mesma base, cio expoñente é o produto dos expoñentes.

(am)n = am·n

OPERACIÓNS CON POTENCIAS DO MESMO EXPOÑENTE

A potencia dun produto é igual ó produto das potencias dos seus factores.

(a·b)n = an·bn

A potencia dun cociente é igual ó cociente da potencia do dividendo entre a potencia do divisor.

(a:b)n = an:bn

POTENCIA DE EXPOÑENTE CERO

Calquera número distinto de cero elevado a cero é igual á unidade.

a0 = 1

POTENCIA DE EXPOÑENTE ENTEIRO NEGATIVO

Unha potencia de expoñente negativo defínese como a inversa da potencia con expoñente positivo

a-n = 1/an

EXERCICIOS DE POTENCIAS

1. Calcula o valor das seguintes potencias:

a) 53

b) 28

c) 35

2. Escribe como unha única potencia:

a) 23·22·2

b) 220:24

c) ((-3)5)10

3. Escribe como unha única potencia e calcula o resultado:

a) 98:39

b)(-4)8:(-2)8

c) 254:125·56

4. Calcula as seguintes potencias:

a) 3-4

b) (-2)-2

c) 40