Características son

CARACTERÍSTICAS DO SON

Ocultar

TON

Relacionado coa frecuencia (número de veces que vibra a onda por segundo, mídese en hertzios, Hz) do son, o ton é a característica que permite distinguir os sons agudos dos graves. Os agudos corresponden a frecuencias altas e os graves a frecuencias baixas.

O oído humano pode percibir sonidos entre 20 e 20000 Hz.

Os sons de frecuencia inferior a 20 Hz chámanse infrasonidos e os perciben animais como os elefantes e as baleas.

Os de frecuencia superior a 20000 Hz chámanse ultrasonidos e os perciben animais como os delfíns, os morcegos ou os cans.

INTENSIDADE

Característica do son que permite identificalo como forte ou feble.É a característica que se regula co control de volume dos aparatos de audio. Está relacionada coa amplitude ou altura da onda sonora. Os sons fortes corresponden a amplitudes altas, e os febles ás baixas.

Mídese na escala de sonoridade da que falaremos máis adiante, en unidades decibelios, dB.

O limiar de audición é a intensidade mínima de sonido que podemos percibir.

O limiar de dor é a intensidade máxima que podemos ouvir. Por riba del sentiremos dor.

TIMBRE

Característica que permite distinguir sonidos do mesmo ton e intensidade producidos por distintos instrumentos. Tamén permite distinguir as voces de persoas diferentes. O timbre do son está determinado pola forma da onda sonora.

Wikipedia

Actividade de encher espazos

Ocultar

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

As características do son son , intensidade e . O ton está relacionado coa do son. A frecuencia é para os sons agudos e para os sons graves. Os sons de máis de 20000 Hz denomínanse e poden ser detectados polos . A do son mídese na escala de sonoridade en unidades . O está relacionado coa forma da onda sonora e permítenos distinguir sons producidos por diferentes .

Habilitar JavaScript