Saltar navegación

Aplicación ondas sonoras

APLICACIÓNS DAS ONDAS SONORAS

Os ultrasóns teñen moitas aplicacións:

a) SONAR. Acrónimo de sound navigation and ranging, navegación e alcance por son. É unha técnica que usa a propagación dos ultrasóns baixo a auga para nevegar, comunicarse e detectar obstáculos, utilizando a reflexión da onda de forma similar ó que ocorre co eco.

b) ECOGRAFÍA. Trátase da aplicación dos ultrasóns en medicina.  O aparato, denominado ecógrafo, envía os ultrasóns á parte do corpo que queremos estudar. estas ondas desprázanse a distinta velocidade segundo a densidade dos tecidos. Recollendo o eco  destes ultrasóns, se pode transformar o sinal recibido nunha imaxe. A vantaxe das ecografías respecto ós raios X é que estas ondas non producen danos polo que se poden empregar en xinecoloxía para a visualización do embrión ou o feto, ou sobre outros órganos sensibles á radiación.

Aplicando esta técnica sobre ángulos distintos poden acadarse imaxes tridimensionais e incluso a sensación de movemento.

Wikipedia. 4dsonoram.jpg. CC BY SA

c) LITOTRICIA. Nome técnico do proceso utilizado para romper cálculos renais ou biliares coa enerxía dos ultrasóns.

d) OUTROS USOS MÉDICOS. Como a desinfeción de material cirúrxico, tratamento local da dor muscular ou limpezas dentais.

e) MEDIDA DE DISTANCIAS. En procesos industriais, nos autofocus das cámaras e móbiles.

f) MEDIDA DE VELOCIDADES. Nos radares das carreteras, aproveitando o efecto Doppler.