ESCALA DE SONORIDADE
Utilizamos esta escala para medir a intensidade do son, distinguir se é feble ou forte. Trátase dunha escala logarítmica, na que un aumento de dez unidades quere dicir que o son é 100 veces máis forte. A fórmula da sonoridade relaciona a intensidade do son en cuestión frente a intensidade mímima de audición que é 10-12 W/m2.
dB = 10log I/10-12
As unidade da sonoridade son os decibelios.
Na seguinte táboa vemos a sonoridade de diversas situacións:
| FONTE | NIVEL DE INTENSIDADE (dB) |
| Limiar de sensación sonora | 0 |
| Murmurio das follas dunha árbore | 10 |
| Conversación en voz baixa | 20 |
| Automóbil | 50 |
| Tráfico denso | 80 |
| Perforadora a 3 m | 100 |
| Trono | 110 |
| Despegue dun avión reactor | 150 |
| Coche de fórmula 1 | 180 |
100 dB é o limiar de sensación de dor.