Terras raras

METAIS RAROS NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Ocultar

Esta é unha relación dos elementos máis empregados:

GADOLINIO: utilízase nos micrófonos dos móbiles e aparatos de sonido sofisticados.

ESCANDIO: emprégase en pezas de avións e tamén en lámpdas fluorescentes e televisións.

ITRIO: en televisores, lentes de cámaras ou incluso para a fabricación de láseres.

LANTANO: na produción de vidrio ópticos, coma os das cámaras ou telescopios.

CERIO: esta é unha das terras raras máis abundantes no planeta, e se utiliza fundamentalmente para elaborar pantallas de dispositivos electrónicos,

PRASEODIMIO: úsase como compoñente en aleacións de alta resistencia para crear por exemplo motores de avións. Ademais utilízase na fabricación de proxectores e incluso se agrega ós cables de fibra óptica para amplificar a señal.

NEODIMIO E DISPROSIO: utilízanse para fabricar auriculares, imáns, micrófonos, discos duros para ordenadores e infravermellos.

PROMETIO: prodúcese de forma artificial en reactores nucleares e úsase para reloxios nucleares e marcapasos.

SAMARIO: necesario para as luces de proxectores ou os infravermellos.

EUROPIO: vital para a televisión en cor e común para detectar billetes falsos.

TERBIO: é un dos principais colorantes de raios X e utilízase na construción de tubos fluorescentes. As súas reservas están empezando a escasear en todo o mundo.

TULIO E ITERBIO: para dispositivos portátis de raios X. O primeiro deles é unha das terras raras máis escasas do planeta.

HOLMIO: ten capacidade para crear campos magnéticos moi potentes i é un dos compoñentes dos microondas. Con este elemento, IBM anunciou en 2017, que creara un disco duro do tamaño dun átomo.

ERBIO: utilízase para amplificar as señais ópticase se inclúe nos cables de fibra óptica.

LUTECIO: serve para fabricar memorias de almacenamento e incluso para o proceso de fractura hidráulica (fracking) na extración do petróleo.

Escolla múltiple

Ocultar

Pregunta

Este metal pode crear campos magnéticos moi intensos:

Respostas

a) Tulio

b) Erbio

c) Holmio

Retroalimentación

Pregunta

Emprégase no fracking do petróleo:

Respostas

a) Samario

b) Prometio

c) Lutecio

Retroalimentación

Pregunta

Este metal permite detectar billetes falsos:

Respostas

a) Neodimio

b) Europio

c) Cerio

Retroalimentación

Pregunta

Empégase na fabricación de láseres:

Respostas

a) Lantano

b) Praseodimio

c) Itrio

Retroalimentación