AS ALEACIÓNS
Son disolucións de metais ou ás veces algún non metal que se preparan fundíndoos xuntos, axitando a mistura ata que sexa homoxénea e deixándoa enfriar. Ó alear un metal con outro elemento mellóranse as seguintes propiedades:
a) Diminúe o punto de fusión. O metal de soldadura, unha aleación de chumbo i estaño funde a 180ºC, en comparación cos 232ºC do estaño e os 338ºC do chumbo.
b) Aumenta a dureza. Á prata dos cubertos engádeselle un pouco de cobre, o que a fai máis dura que a prata pura. O ouro aléase con prata e cobre para formar un metal duro que poida ser usado en xoiería.. As placas de chumbo usadas nas baterías conteñen pequenas cantidades de antimonio, para evitar que se deformen baixo unha tensión.
c) Diminúe a conductividade eléctrica e térmica. O cobre usado nos condutores eléctricos ten que ser moi puro. Un 0,03% de arsénico diminúe a conductividade nun 15%. O arame nicrome é de alta resistencia (Ni, Cr).
Outras aleacións moi usadas son:
Latón Cu(90), Al(10)
Bronce Cu(70-95), Zn(1-25), Sn(1-18)
Ouro 18 quilates Au(75), Zn(25), Ni(15)
Aceiro inoxidable Fe (73-79), Cr(14-18), Ni(7-9)