Magnetismo

METAIS FERROMAGNÉTICOS

Ocultar

Estes metais poden dar lugar a imáns de forma individual ou como aleación e son o ferro, cobalto, wolframio, níquel e aluminio. Poden presentar interacións magnéticas porque os electróns no material teñen a capacidade de organizarse coa mesma orientación en dominios, o que crea estas forzas.

A FORZA MAGNÉTICA

Ocultar

Sempre que haxa movemento de cargas por un condutor aparece a forza magnética. Nos imáns sempre hai dous polos, norte, polo que saen as liñas do campo e sur, polo que entran. Os polos iguais repélense e os opostos atráense. A Terra actúa como un xigantesco imán. O campo magnético é creado polo movemento dos electróns no núcleo metálico fundido. Este campo rodea á Terra, desvía as partículas cargadas que chegan do Sol cara os polos, o que da lugar ás auroras boreais, xeradas polo choque destas partículas con moléculas do aire. 

Este campo magnético protexe á vida ó desviar estas partículas tan enerxéticas que poderían romper as moléculas biolóxicas.

Wikipedia. NASA. De dominio público.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Ocultar

Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:

Pregunta 1

O wolframio é un metal ferromagnético

Pregunta 2

Só nalgunhas ocasións aparece unha forza magnética cando hai movemento de cargas.

Pregunta 3

O campo magnético da Terra protéxenos do vento solar.

EXPERIMENT

Ocultar

Variation of magnetism along a bar magnet tested by spring balance.

Place a bar magnet on a piece of squared paper. Tie a soft iron nail to the hook of a spring balance and test the pull required to lift it away from points along the magnet 2,5 cm apart. It may be that the hook of the balance will serve instead of the nail, but care should be taken to see that it does not become permanently magnetized.

Represent your readings as a graph between pull rquired and distance along magnet from one end. Is the magnet "strongest" at the extreme ends?

GALEGO

Variación do magnetismo ó longo dun imán de barra, medido cun dinamómetro.

Pon un imán de barra sobre papel cadriculado. Ata un cravo de ferro doce ó gancho do dinamómetro e anota a forza necesaria para levantalo de puntos ó longo do imán separados 2,5 cm. Pode ser que sexa suficiente c0 gancho do dinamómetro en vez de poñer o cravo, pero hai que ter coidado de que non se magnetice de forma permanente.

Representa os datos como unha gráfica de forza frente a distancia ó longo do imán dende un estremo. É o imán "máis forte" nos estremos?