
A meirande parte dos elementos da táboa periódica son metais. Podemos distinguir vaios grupos principais:
GRUPO 1 METAIS ALCALINOS (vermello oscuro): son brandos, moi reactivos coa auga en estado puro e tenden a perder un electrón e dar catións cunha carga positiva: Li+, Na+...
GRUPO 2 METAIS ALCALINO-TÉRREOS (vermello claro): tamén son brandos e reactivos coa auga en estado puro. Tenden a perder dous electróns e a dar catións con dúas cargas positivas: Mg2+, Ca2+...
METAIS DE TRANSICIÓN (laranxa): son dez grupos, do 3 ó 12. Teñen unha química complexa e variada, con moitas propiedades interesantes.
TERRAS RARAS: aparecen nun aparte baixo a táboa periódica. Son os lantánidos (azul moi oscuro) e os actínidos (azul intermedio). Teñen grandes aplicacións nas novas tecnoloxías e moitos son radiactivos.