METAIS IMPORTANTES NA BIOLOXÍA
Os principais metais con grande importancia para a vida son:
MAGNESIO. Presente na clorofila das plantas, algas e cianobacterias, é fundamental para poder captar a luz e realizar a fotosíntese. tAmén ten funcións moi importantes no corpo humano, no sistema nervioso e óseo.
FERRO. Importante no transporte e almacenamento de osíxeno (hemoglobina e mioglobina). Intervén en reaccións de transferencia electrónica.
CALCIO. Presente nos esqueletos e cunchas. Tamén intervén na comunicación celular.
SODIO E POTASIO. Como os ións Na+ e K+ son fundamentais na transmisión do impulso nervioso.
COBRE. Transporte de osíxeno en animais mariños, está tamén presente en moitos enzimas (superóxido dismutasa, tirosinasa, lactasa...)
ZINC. Presente en enzimas como a anhidrasa carbónica ou hidrolasas e en proteínas que interaccionan co ADN (dedos de zinc).
MOLIBDENO. Importante en enzimas de bacterias que fixan o nitróxeno no solo.
COBALTO. Esencial para o funcionamento da vitamina B12.