A auga pode disolver unhs gran variedade de substancias sólidas, líquidas e gasosas, sendo esta capacidade esencial para os seres vivos. Así:
*A achega de nutrintes sólidos e líquidos realízase grazas a sistemas de transporte acuosos que os disolven:
- O sangue nalgúns animais
- O zume das plantas, que ascende no caso do zume bruto por capilaridade, outra das propiedades da auga
* Os refugallos elimínanse disolvidos en auga, coma por exemplo na urina ou no suor.
* A auga auga disolve gases:
- Coma o osíxeno, imprescindible para a respiración dos seres vivos
- O dióxido de carbono, esencial para a nutrición das plantas
De RoRo - Trabajo propio, CC BY-SA 3.0,