Saltar navegación

Gran reguladora da temperatura

Lembremos que a auga ten un elevado calor específico co cal:

  • Absorbe moita cantidade de calor sen que a súa temperatura suba moito e tarda moito en arrefríar
  • Ao pasar de líquido a gas absorbe calor

Todo isto é importante para a vida:

  • Cando suamos, estamos cedéndolle o noso calor corporal á auga,e así nos refrescamos, perdemos calor, o cal é necesario para un bo funcionamento do noso corpo
    kk
    Auga e suor. Wikipedia (Dominio público)
  • Ao evaporarse, as gotiñas de suor refrescan a nosa pel porque de novo, a nosa calor é empregada como enerxía no paso de líquido a gas.
  • Nos mamíferos axuda a manter a temperatura do corpo, mediante o bombeo constante do corazón ata os tecidos periféricos, xa que o compoñente máis abundante do sangue é a auga.
  • A humidade dos bosques é definitiva para manter con menores cambios de temperatura dito ecosistema, en comparación do que se observa nos desertos.
  • O mar axuda a regular a temperatura nas zonas costeiras, facendo que estas sexan máis suaves tanto en verán coma no inverno.

Tarefa

Molla o dedo índice de ambas as mans. Move un deles
e mantén quieto o outro.
a) En cal destes dedos sentes máis frío? Cal seca antes?

b) Como explicas o ocorrido?

c) Cres que a suor axuda a que non suba a temperatura do noso corpo?

BY-NC-SA