Saltar navegación

A auga como disolvente

Como consecuencia da súa polaridade, a auga ten unha capacidade excepcional como disolvente. Pode disolver substancias iónicas, polares e tamén aquelas que non teñen carga, polo que se coñece como disolvente universal. Moitas biomoléculas sen carga disólvense facilmente na auga porque teñen grupos funcionais polares que forman interaccións favorables dipolo-dipolo.,,

BY-NC-SA