Para aumentar a temperatura da auga nun grao centígrado é necesario comunicar moita enerxía para poder romper os enlaces de hidróxeno que se xeran entre as moléculas.
Deste xeito, a temperatura da auga ascende lentamente e diminúe tamén moi despacio, o cal fai da auga un líquido ideal para almacear calor, e fan que xogue un papel moi importante na regulación do clima na Terra.
Como explicarías o que está acontecendo no vídeo?
A auga ten unha grande capacidade calorifica, así absorbe a calor proporcionada polo chisqueiro e evita que o globo estoupe.