A Terra é un dos catro planetas interiores ou rochosos do sistema solar. Pero, a diferencia do resto de planetas, o que o fai un planeta único é a existencia de auga nos tres estados, sólido, líquido e gas. Ningún outro planeta ten auga líquida con tal abundancia, e sabemos, que este feito é determinante para que nalgún momento xurdira a vida nela, e é este o motivo de que se busque sen descanso auga en planetas cercanos coma Marte. Pero, por que hai auga na Terra?
1. A auga: imprescindible para a vida
Despois de ver este vídeo...
Que dúas características debe ter un planeta para ser capaz de albergar auga en estado líquido?
- A distancia á estrela do seu sistema, que determinan a cantidade de radiación recibida
- As características da atmosfera, que inflúen na temperatura media do Planeta
Observa a seguinte táboa
A táboa recolle a distancia ao Sol de tres planetas e a súa temperatura media real, así como a temperatura teórica que terían sen atmosfera
a) Cantos graos de diferencia hai entre a teratura real da Terra e a súa temperatura teórica?
b) Tendo en conta a diferencia de temperaturas real/teórica en Venus e Marte. Cal destes planetas terá a atmosfera máis densa?
c) Que ocorrería se Marte tivera unha atmosfera como a de Venus?
a) A diferenza entre a temperatura real da Terra e a súa temperatura teórica é de 33 ºC.
b) Venus (temperatura real/teórica de 290ºC) ten unha atmosfera moito máis densa ca Marte (temperatura rela/teórica 8ºC).
c) Se Marte tivese unha atmosfera coma a de Venus, o seu efecto invernadoiro sería moito maior ca os 8 ºC que agora ten, e podería ocorrer que a súa temperatura fose suficiente para ter auga en estado líquido, polo menos nalgúns lugares do planeta (parece ser que isto ocorreu no pasado.
BY-NC-SA