Saltar navegación

Test autoavaliación

TEST AUTOAVALIACIÓN

Pregunta

1. Segundo a teoría cinética, no estado gas:

Respostas

a) A forza de atracción entre as partículas é alta

b) As partículas están moi xuntas

c) A forza de atracción é baixa entre as partículas

Pregunta

2.A lei de Boyle di:

Respostas

a) A temperatura constante, a presión e o volume dun gas son directamente proporcionais

b) A temperatura constante, a presión e o volume dun gas son inversamente proporcionais

c) A presión constante, o volume e a temperatura dun gas son directamente proporcionais

Pregunta

3. Dúas magnitudes son directamente proporcionais se:

Respostas

a) Unha aumenta e a outra diminúe

b) Unha aumenta e a outra tamén

c)Unha aumenta e a outra permanece constante

Pregunta

4. Unha mostra de gas ocupa 5L a 2 atm. Cal será o volume se incrementamos a presión a 4 atm mantendo a temperatura constante:

Respostas

a) 10 L

b) 2,5 L

c) 5 L

Pregunta

5. A lei de Charles cúmprese a:

Respostas

a) Volume constante

b) Presión constante

c) Temperatura constante

Pregunta

6.Un gas ocupa 5L a 500 K. Se a presión permanece constante, que volume ocupará a 250 K?

Respostas

a) 10L

b) 5 L

c) 2,5 L

Pregunta

7. Na lei de Gay-Lussac, a volume constante, a presión e a temperatura son:

Respostas

a) Directamente proporcionais

b) Inversamente proporcionais

c) Non teñen relación

Pregunta

8. Se un gas ten unha presión de 10 atm a 300 K e mantemos o volume constante, que presión acadará a 600 K?

Respostas

a) 10 atm

b) 20 atm

c) 5 atm

Pregunta

9. Susan Solomon estudiou:

Respostas

a) A composición da atmosfera

b) A reacción que produce o buraco da capa de ozono

c) A contaminación do aire

Pregunta

10. Que planeta do Sistema Solar perdeu o seu campo magnético?

Respostas

a) Venus

b) Neptuno

c) Marte

Habilitar JavaScript