Saltar navegación

Lei De Boyle

ROBERT BOYLE (25 xaneiro 1627-31 decembro 1691)

Boyle foi un filósofo natural, químico, físico e inventor anglo-irlandés. É considerado o primeiro químico moderno, e por tanto uns dos fundadores da química moderna, e uns dos pioneiros do método científico experimental. Realizou grandes contribucións no estudio dos gases coa formulación da lei de Boyle. Tamén foi un renombrado teólogo.

ROBERT BOYLE (25 January 1627-31 December 1691)

Boyle was an Anglo-Irish natural philosopher, chemist, physicist and inventor. Boyle is largely regarded today as the first modern chemist, and therefore one of the founders of modern chemistry, and one of the pioneers of modern experimental scientific method. He made great advances in the understanding of gases behaviour. He also was noted by his writings in theology.

Portrait of the honourable Robert Boyle. Wikimedia commons. CC BY

A LEI DE BOYLE-MARIOTTE

Esta lei di que a presión e o volume dun gas son inversamente proporcionais (a temperatura constante), é dicir, que se aumenta unha magnitude diminúe a outra. Así se temos un gas nunha xiringa pechada, e o comprimimos aumentando a súa presión vemos que diminúe o volume. Foi codescuberta por Robert Boyle e o francés Edme Mariotte.

Se representamos a presión dun gas frente o seu volume obtemos unha curva de proporcionalidade inversa.

UNIDADES 

A presión dun gas no S.I. mídese en Pascais que equivale a N/m2 (forza por superficie).

Normalmente emprégase a unidade atmosfera. Unha atmosfera equivale a 101300 Pa e é a presión que realiza unha columna de aire dun metro cadrado de base sobre o chan ó nivel do mar.

Debido ó emprego de barómetros de mercurio tamén é común atoparse coa unidade mm de Hg. unha atmosfera equivale a 760 mm de Hg.

O volume dun gas dase en litros normalmente ou en m3 (unidade do S.I.). 1 m3 equivale a 1000 L.

Lista desordenada

Ordea de maior a menor as seguintes presións:

  • 180 atm
  • 36 atm
  • 300000 Pa
  • 150000 Pa
  • 700 mm Hg

Comprobar

Correcto!

Síntoo... a resposta correcta é:

Lista desordenada

Ordea de menor a maior os seguintes volumes.

  • 300000 cm3
  • 45000 dm3
  • 3000 L
  • 8 m3
  • 50 m3

Comprobar

Correcto!

Síntoo... a resposta correcta é:

COMO REPRESENTAR GRÁFICAS

Utilizarei un exemplo da lei de Boyle, unha táboa de datos coa presión (P) en atm e o volume (V) en L. A presión irá representada no eixe vertical (ordenadas) e o volume no eixe horizontal (abscisas). É importante nomear os eixes coa magnitude e a unidade correspondente para saber que estamos representando i escoller unha escala axeitada ós datos. Vese que a gráfica é unha curva característica da función inversa y = k/x.

EXERCICIOS DA LEI DE BOYLE

LEY DE BOYLE

1. Unha mostra de osíxeno ocupa 4,2 L a 760 mm de Hg. Cal será o volume do osíxeno a 415 mm de Hg, se a temperatura permanece constante? Sol: 7,69 L.

2. Un gas ocupa 1,5 L a unha presión de 2,5 atm. Se a temperatura permanece constante; cal é a presión en mm de Hg, se se pasa a un recipiente de 3 L? Sol: 950 mm de Hg.

3. Calcula o volume dun gas a temperatura constante ó recibir unha presión de 5 atm, se o seu volume é de 3,4 L a unha presión de 2,5 atm. Sol; 1,7 L

4. Un gas a unha temperatura constante ocupa un volume de 600 cm3 a unha presión de 760 mm de Hg, cal será o seu volume se a presión recibida aumenta a 1500 mm Hg?Sol: 304 cm3.

5. Representa gráficamente os datos da seguinte táboa situando a presión no eixe horizontal:

BOYLE's LAW ACTIVITIES

1. Use the data in the table to draw a P-V graph. Put pressure on the horizontal axis. Afterwards calculate the volume at a pressure of 10 atm. Sol: 6,3 L

2. We have a gas at a pressure of 1,6 atm. We increase the  pressure to 3 atm, obtaining a volume of 200 mL. We have maintained a constant temperature. Calculate the initial volume of the gas. Sol: 0,375 L

3. We have a gas at a constant temperature with an initial volume of 500 mL at a pressure of 2,3 atm. We reduce the pressure to 1,7 atm. Calculate the new volume of the gas. Sol: 0,68 L.

EXPERIMENT

To show some results of reducing air pressure.

Fit a test tube with a one hole cork and glass tube, Drive out the air by boiling a little waterin it. Invert it with the open end under the surface of a jar of water. Atmospheric pressure will drive water upwards until it almost completely fills the test tube,

EXPERIMENTO

Un efecto da redución da presión do aire.

Prepara un tubo de ensaio cun corcho cun buraco no que se inserta un tubo de vidro. Expulsa o aire fervendo un pouco de auga no tubo. Dalle a volta coa parte aberta baixo a superficie dun recipiente con auga. A presión atmosférica levará a auga cara arriba ata que encha case completamente o tubo de ensaio.