Saltar navegación

Os gases

Obxectivos

  1.  Saber en que consiste o estado gasoso.
  2. Coñecer as leis de Boyle, Charles e Gay Lussac.
  3. Saber facer táboas de datos e representalos gráficamente.
  4. Recoñecer a proporcionalidade directa e inversa.
  5. Entender a función lineal e a inversa.
  6. Coñecer a composición i estrutura da atmosfera terrestre.
  7. Reflexionar sobre os problemas medioambientais atmosféricos.
  8. Valorar o traballo da científica atmosférica Susan Solomon.
  9. Distinguir as diferentes atmosferas dos planetas do sistema solar.
  10. Coñecer algún método de detección das atmosferas dos exoplanetas para indagar na posibilidade de vida.

O ESTADO GASOSO 

Segundo a teoría cinética no estado gasoso a forza de atracción entre as partículas é feble polo que ocupan todo o volume  e se moven de forma caótica chocando entre sí e coas paredes do recipente. A separación entre as partículas é grande polo que se poden comprimir fácilmente e poden fluir. Son gases a temperatura ambiente o osíxeno, o nitróxeno, o dióxido de carbono, os gases nobles, o flúor, o cloro, o hidróxeno...

DEBUXO

INVESTIGACIÓN GASES

Tres páxinas máximo
2 semanas
En grupo
grupos de tres

En equipos de tres alumnos realiza unha pequena investigación sobre gases ou atmosferas de temas non tratados na unidade.