Saltar navegación

Sylvia Earle

Sylvia Alice Earle, nada en Gibbstown (Nova Jersey) o 30 de agosto de 1935, é unha bióloga mariña, exploradora e escritora estadounidense. É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1998. Earle foi a primeira científica xefa da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como o primeiro Heroe do planeta en 1998. Dedicou a súa vida a estudar a situación dos océanos. Tamén colaborou no estudo dos danos causados por varias verteduras de petróleo producidos durante a primeira guerra do Golfo ou os provocados por petroleiros como o Exxon Valdez ou a plataforma petrolífera Deepwater Horizon. En 2018 recibiu o Premio Princesa de Asturias da Concordia.

SylviaEarle.jpg
Silvia Earle. Wikipedia. (CC0)

TRAXECTORIA

Despois de recibir o seu doutoramento en 1966, Earle pasou un ano como investigadora en [[Universidade Harvard|Harvard, e logo regresou a Florida como directora residente do laboratorio Cape Haze Marine. En 1969 solicitou incorporarse ao Proxecto Tektite, unha instalación a quince metros debaixo da superficie do mar fronte á costa das illas Virxes que permitiu aos científicos vivir mergullados na súa área de estudo durante varias semanas. A pesar de que rexistrara máis de 1000 horas de investigación baixo a auga, Earle foi excluída do programa. O ano seguinte, foi seleccionada para dirixir o primeiro equipo feminino de acuanautas en Tektite II

En 1992, Earle estableceu a compañía Deep Ocean Exploration and Research para avanzar en temas de enxeñaría mariña. A compañía, posteriormente dirixida por Elizabeth, filla de Earle, deseña, constrúe e opera equipos para ambientes de augas profundas.

Experta no impacto dos derramamentos de petróleo, Earle foi convocada para dirixir varias viaxes de investigación durante a Guerra do Golfo en 1991 para determinar o dano ambiental causado pola destrución dos pozos petrolíferos kuwaitís por parte de Iraq. Dada a súa experiencia pasada cos derramamentos de petróleo do Exxon Valdez e Mega Borg, Earle foi convocada como consultora durante o desastre da Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.

En 2010, na Conferencia Internacional Modelo das Nacións Unidas da Haia, Earle pronunciou un discurso de 14 minutos fronte a 3500 delegados e embaixadores das Nacións Unidas. En xullo de 2012, Earle dirixiu unha expedición ao laboratorio submarino Aquarius de NOAA, situado preto de Key Largo, Florida. A expedición, chamada "Celebrando 50 anos de vida baixo o mar", conmemorou o quincuaxésimo aniversario do proxecto Conshelf I de Jacques Cousteau e investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. Mark Patterson codirixiu a expedición con Earle. O seu equipo de acuanautas tamén incluíu o cineasta submarino D.J. Rodillo e o oceanógrafo M. Dale Stokes.

BY-NC-SA