Vivimos rodeados de mesturas, e en ocasións, nos vemos na necesidade de separalas.
Para separar os compoñentes dunha mestura, aproveitamos as propiedades dos compoñentes da mesma. Por exemplo, se temos sal, auga e lascas de ferro, poderíamos separar cun imán as lascas aproveitando que o ferro é atraido polo imán, e se engadimos auga disolveremos a sal disolverase e a area non, se logo filtramos, a area quedará no filtro, pero a area non.
Non hai receitas, a imaxinación e o enxeño xogan un papel importante na decisión de como separar as mesturas. É moi común que se teñan que combinar varios métodos, aínda que en xeral podemos dicir:
SEPARAR MESTURAS HOMOXÉNEAS
Evaporación, cristalización, destilación, cromatografía ou extración con disolventes
SEPARAR MESTURAS HETEROXÉNEAS
Criba, separación magnética, filtración ou decantación