- A destilación; utilizarase para separar mesturas de líquidos con diferentes puntos de ebulición, por exemplo auga de mar e sales.
Imaxina que necesitamos separar unha mestura de auga e alcohol.
O alcol ten un punto de ebulición de 78ºC, mentres que a auga ferve a 100ºC. Se fervemos a mestura, o vapor obtido estará formado (preferiblemente) por alcohol. Polo tanto, se o condensamos, obteremos alcol (aínda que non puro).
Na montaxe móstrase a montaxe necesaria para realizar unha destilación.
Polo tanto, na destilación, a mestura quéntase para obter vapor. O vapor obtido é máis rico no compoñente máis volátil (o que ten un punto de ebulición inferior) e logo o vapor é arrefriado (no refrixerante) provocando condensación. O líquido obtido é máis rico no compoñente máis volátil, aínda que a separación non é completa.