Saltar navegación

Redacción do borrador inicial

ACTIVIDADE: Redacción borrador inicial

As cartas que propoñemos que escriba o alumnado van dirixidas aos compañeiros do centro co que estamos a facer o intercambio. A temática será libre, pero é importante que se inclúa unha descrición persoal sobre pasatempos, gustos ou motivacións. Ao mesmo tempo que tentaremos que se formulen preguntas para motivar ao alumnado receptor a responder ás nosas cartas.

Para escribir unha carta persoal hai que ter en conta varios factores

  1. Temos que seguir unha disposición adecuada respectando as distintas partes nas que se organiza o formato deste tipo de texto.
  2. A linguaxe tamén será diferente segundo a relación que se teña co destinatario (persoal, comercial, afectiva...).
  3. Antes de comezar a escribir a carta organizaremos as ideas principais que imos expoñer. Un guión, a modo de listado, das ideas principais pode ser unha ferramenta útil para non esquecer aquelo que queremos compartir ou transmitir.

Presta atención!

  • Separa correctamente as palabras
  • Fíxate na concordancia de xénero e número
  • Tenta non cometer erros de ortografía

De cara a que o alumnado equilibre os esforzos en tódalas estratexias a traballar entregaráselle e darase lectura á seguinte rúbrica incluída no modelo achegado.

CRITERIOS 3 2 1 PUNTUACIÓN
Formato Diferéncianse claramente as diferentes partes dunha carta.

Algunhas partes da carta non están ben diferenciadas.

Non se diferencian as partes da carta.
Contido A mensaxe é coherente e apropiada segundo o propósito da carta. Á mensaxe fáltalle coherencia, segundo o propósito da carta. Á mensaxe non é coherente con respecto ao propósito da carta.
Vocabulario Utiliza vocabulario variado sen repetir palabras. Repite algunhas palabras. Vocabulario limitado e repetido.
Creatividade O contido da carta presenta unha temática variada e orixinal. O contido da carta presenta algún elemento orixinal. O contido da carta non contén elementos variados ou orixinais.
Ortografía A escritura das palabras é correcta. Presenta algún erro ortográfico. Presente multitude de erros ortográficos, algúns asociados á separación de palabras.
Uso social

Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas.

Valora de xeito limitado a lingua escrita como medio de comunicación e expresión.

Presta pouca atención ás normas de presentación establecidas.

Non valora a lingua escrita como medio de comunicación.

Non atende ás normas básicas de presentación establecidas.

TOTAL:

Modelo para a escritura do primeiro borrador

libreofficeglEntregar este modelo ao alumnado para a escritura do primeiro borrador, tendo en conta que é posible á súa adaptación previa por parte do docente co software LibreOffice Writer