Saltar navegación

Correspondencia interescolar

No inicio desta secuencia didáctica seremos receptores. Será o outro centro escolar o que inicie o proceso, enviándonos unha serie de cartas persoais dirixidas a cada neno e nena. O criterio para elixir as parellas realizarase a través dunha fotografía colectiva enviada previamente polo grupo receptor.

Ein Brief
Anneke Wolf. Ein Brief (CC BY-SA)

No caso de ser emisores seguiremos a mesma secuencia pero facendo fincapé especial na análise de diferentes tipos de cartas, antes de reflexionar sobre as súas características (función, autores, relación co real, fórmulas fixas, formato, léxico e estrutura). Comezariamos no apartado 2.

Estrutura da secuencia:

  1. Lectura e análise de cartas
  2. Redacción do borrador inicial
  3. Revisión do borrador inicial
  4. Escritura definitiva da carta
  5. Enviamos as cartas
  6. Reflexión sobre correo ordinario vs correo dixital
  7. Guía didáctica