Saltar navegación

Escritura definitiva da carta

ACTIVIDADE: Escritura definitiva da carta

De cara a que o alumnado destinatario das cartas identifique ao remitente é interesante no primeiro envío incluír xunto con tódalas cartas unha fotografía de grupo cos nomes dos diferentes nenos e nenas. Deste xeito, logramos unha maior empatía e favorecemos que o intercambio se produza con maior frecuencia.

Para realizar a escritura final, cunha mellor presentación, podemos ofrecerlle ao alumnado unha pauta (pdf - 1.32 KB). que introduciremos debaixo do folio DIN A4 empregado para escribir (pode suxeitarse con clips metálicos).

As cartas pódense acompañar dalgún debuxo ou agasallo elaborado polo alumnado sobre os temas que para eles sexan interesantes e que desexen compartir.

grupo Galicia