Saltar navegación

Guía didáctica

Xustificación

Dar a coñecer a correspondencia (carta, postal...) como outro tipo de texto de uso social, que ten uns obxectivos de comunicación e unha intención diferente segundo a persoa ou persoas ás que vai dirixida.

Xustificación curricular

Segundo o Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase a presente secuencia didáctica para a área de Lingua e Literatura Galega.

BLOQUE 1. COMUNICACIÓN ORAL: FALAR E ESCOITAR

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

b

d

e

B1.7. Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.

B1.7. Amosar respecto e cooperación nas situacións de aprendizaxe en grupo.

LGB1.7.1. Amosa respecto ás achegas dos e das demais e contribúe ao traballo en grupo.

CCL

CAA

CSIEE


BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

b

e

B2.5. Lectura guiada de textos adecuados aos intereses infantís para chegar progresivamente á expresividade e autonomía lectoras.

B2.3. Ler, de forma guiada, textos adecuados aos seus intereses para chegar progresivamente á expresividade e autonomía lectoras, e dramatiza cando é preciso.

LGB2.3.1. Descodifica de forma axeitada na lectura de textos diversos.

CCL

CAA

CSC

CSIEE

CMCT

b

e

i

j

B2.9. Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e como medio de comunicación de experiencias, de regulación da convivencia e de lecer.

B2.6. Amosar interese polos textos como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación e de lecer.

LGB2.6.1. Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe, medio de comunicación e de lecer.

CCL

CD

CSIEE


BLOQUE 3. COMUNICACIÓN ESCRITA: ESCRIBIR

Obxectivos

Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

a

b

e

i

B3.1. Produción e reescritura de textos sinxelos relativos a situacións cotiás infantís como invitacións, felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características habituais deses textos. B3.1. Producir e reescribir textos sinxelos, relativos a situacións cotiás infantís, aqueles propios dos medios de comunicación ou os relacionados coa escola. LGB3.1.1. Produce e reescribe textos relativos a situacións cotiás infantís como invitacións,felicitacións, notas ou avisos, utilizando as características habituais deses textos.

CCL

CAA

CSC

a

b

e

B3.3. Composición de textos sinxelos relacionados coa escola para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, listaxes, descricións, explicacións elementais). LGB3.1.2. Elabora o texto, con coherencia xeral e de xeito creativo.

CCL

CAA

CSC

a

b

e

m

B3.4. Respecto polas convencións xerais da escrita: uso das maiúsculas e do punto. LGB3.1.3. Usa nos seus escritos o punto, a coma, dous puntos, puntos suspensivos, signos de exclamación e interrogación.

CCL

CSC

CAA

CSIEE

a

b

e

m

o

B3.5. Utilización de xeito guiado de estratexias para a produción de textos, respondendo as preguntas de para quen, e que escribir, recoñecendo o tipo de texto (nota, aviso, conto). LGB3.1.5. Compón, seguindo modelos, textos relacionados coa escola (listaxes, descricións e explicacións elementais) ou cos medios de comunicación social (novas sinxelas, titulares, pés de foto) sobre acontecementos próximo á súa experiencia.

CCL

CSIEE

CAA

b

e

i

j

B3.8. Utilización de elementos gráficos e sinxelos como a ilustración para facilitar a comprensión. B3.4. Utilizar recursos gráficos, como a ilustración, que faciliten a comprensión dos textos. LGB3.4.1. Ilustra creativamente os seus textos con imaxes redundantes co seu contido.

CCL

CD

CSIEE

a

b

e

i

B3.9. Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos e respecto pola norma ortográfica. B3.5. Presentar adecuadamente os traballos escritos en calquera soporte e valorar a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

LGB3.5.1. Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas: disposición no papel, limpeza e calidade caligráfica.

LGB3.5.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

CCL

CD

CAA


BLOQUE 4. COÑECEMENTO DA LINGUA

Obxectivos

Contidos

Criterios de avaliación

Estándares de aprendizaxe

Competencias clave

e

B4.1. Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical básica, como apoio á comprensión e á produción de textos, así como aplicar o seu coñecemento no uso da lingua.

LGB4.1.1. Sinala a denominación dos textos traballados e recoñece nestes, enunciados, palabras e sílabas.

CCL

CAA

e

B4.2. Observación das variacións morfolóxicas (de singular e plural, feminino e masculino) en textos.

LGB4.1.4. Sinala o xénero e número de palabras dadas.

CCL

CAA

b

e

B4.3. Coñecemento das normas ortográficas máis sinxelas.

B4.2. Coñecer e aplicar as normas ortográficas máis sinxelas.

LGB4.2.1. Coñece de forma xeral as normas ortográficas máis sinxelas e aprecia o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.

CCL

CSC

CCEC

e

B4.5. Identificación da palabra como instrumento para a segmentación da escritura.

B4.3. Recoñecer a relación entre o son e grafía, así como as palabras como instrumento para a segmentación da escritura.

LGB4.3.2. Identifica as palabras como instrumento para a segmentación da escritura.

CCL

CAA

Obxectivos didácticos

  • Coñecer as propiedades máis relevantes dun texto informativo de uso social: carta
  • Recoñecer datos: destinatario, data e remitente
  • Identificar o tipo de carta atendendo á forma e á mensaxe (persoal, comercial, oficial, informativa, de petición...)
  • Valorar a utilidade de servizos públicos como Correos.
  • Reflexionar sobre as fortalezas do correo ordinario fronte ao correo dixital.
  • Desfrutar do compoñente emocional que deriva do intercambio postal informal.

Contidos

  • Coñecemento de textos comunicativos formais e informais.
  • Fórmulas fixas: comenzo e peche, data e sinatura.
  • Léxico: variable segundo a quen vai dirixida (linguaxe coloquial, formal). Hai primacía da forma sobre o fondo do contido.
  • Formato e estrutura do texto: a estrutura diferénciase por bloques separados por puntos e aparte.
    • Saúdo, presentación
    • Nó, desenvolvemento
    • Despedida
    • Posdata (opcional)
  • Modo de lectura: variable segundo quen sexa o remitente. Oficiais (selectiva, e/ou coloquiais (reiterativa).
  • Tipo de letra: segundo o tipo de soporte.
  • Soporte: postal, correo electrónico, telegrama, carta, mensaxes de móbil, felicitación, invitacións, fax. Escrita en folio ou no sobre. A letra debe ser clara e lexible, tanto a dirección do destinatario, do remitente, a posición e a distribución dos datos.
  • Propiedades: cuantitativas (cantidade de letras que conteñen as palabras) e cualitativas (cales son as letras da palabra).
  • Puntuación punto, dous puntos, punto e coma; exclamacións e interrogacións.
  • Identificación de Correos como servizo de utilidade pública.
  • Uso da carta como vehículo de expresión emocional.

Actividades

  • Presentación e lectura de modelos (cartas, postais..)
  • Análise das propiedades de diferentes tipos de cartas recibidas na casa e na escola (cartas do banco, postais, cartas persoais)
  • Diferenciar entre distintos tipos de correspondencia.
  • Escritura dun primeiro borrador de carta persoal.
  • Revisión do borrador inicial.
  • Redacción do texto final.
  • Análise das características e datos dun sobre.
  • Visita a unha oficina de Correos.
  • Envío dos textos elaborados.

Avaliación

A continuación ofrecemos a rúbrica completa que se ven utilizando ao longo de toda esta secuencia. Esta é unha ferramenta máis que propoñemos ao profesorado que vaia a implementar esta proposta pero non debe ser a única. Ao mesmo temo facemos unha chamamento á dignificación da profesionalidade docente facendo nosas as palabras de José Gimeno Sacristán cando di que "mentres avaliamos non ensinamos" situando os obxectivos da avaliación por enriba dos propios obxectivos educativos. A avaliación dun xeito equilibrado no lugar que lle corresponde dentro dos procesos de ensino e aprendizaxe.

En la evaluación de los procesos de enseñanza-aprendizaje, lo exigido al alumnado acaba concretando lo que nos importa más conseguir y, así, en las políticas educativas nos pasaría lo mismo: que acaban reduciendo la educación a lo que exigen en la evaluación del sistema. La evaluación se convierte de esa forma en la manera directa de intervenir en la mejora de la calidad y, de paso, hace de ella el instrumento para hacer política educativa. Las razones para evaluar parecen agotar lo que son las razones para educar. Esta es una de las explicaciones del auge de las evaluaciones externas: suplen a otras políticas de control del conocimiento (del currículo), de la innovación y de la formación del profesorado, al convertirse en toda una pedagogía.

Gimeno Sacristán

 

Rúbrica de avaliación

CRITERIOS 3 2 1 PUNTUACIÓN
Formato Diferéncianse claramente as diferentes partes dunha carta.

Algunhas partes da carta non están ben diferenciadas.

Non se diferencian as partes da carta.
Contido A mensaxe é coherente e apropiada segundo o propósito da carta. Á mensaxe fáltalle coherencia, segundo o propósito da carta. Á mensaxe non é coherente con respecto ao propósito da carta.
Vocabulario Utiliza vocabulario variado sen repetir palabras. Repite algunhas palabras. Vocabulario limitado e repetido.
Creatividade O contido da carta presenta unha temática variada e orixinal. O contido da carta presenta algún elemento orixinal. O contido da carta non contén elementos variados ou orixinais.
Ortografía A escritura das palabras é correcta. Presenta algún erro ortográfico. Presente multitude de erros ortográficos, algúns asociados á separación de palabras.
Uso social

Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa.

Presenta os textos seguindo as normas básicas de presentación establecidas.

Valora de xeito limitado a lingua escrita como medio de comunicación e expresión.

Presta pouca atención ás normas de presentación establecidas.

Non valora a lingua escrita como medio de comunicación.

Non atende ás normas básicas de presentación establecidas.

TOTAL:

Bibliografía

  1. El aprendizaje del lenguaje escrito en infantil. Colegio público "Juan Bautista Irurzun" de Peralta [Internet]. [citado 10 de julio de 2017]. Dispoñible en: http://dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/aprendizajelenguaje.pdf
  2. La Carta Personal Y Sus Partes.” Accessed November 18, 2014. http://www.portaleducativo.net/pais/es/cuarto-basico/658/La-carta-personal-y-sus-partes.
  3. La Carta Formal E Informal | EducacióNyLibertaD.” Accessed November 18, 2014. http://elizabethespinozag.blog.com/2011/06/11/la-carta-formal-e-informal-2/
  4. RÚBRICA PARA EVALUAR PRODUCCIÓN DE UNA CARTA [Internet]. Scribd. [citado 11 de julio de 2017]. Disponible en: https://www.scribd.com/doc/114235539/RUBRICA-PARA-EVALUAR-PRODUCCION-DE-UNA-CARTA
  5. Varios. La composición escrita (de 3 a 16 años). Claves para la Innovación educativa 28. Editorial Graó. Disponible en: http://www.grao.com/llibres/la-composicion-escrita-de-3-a-16-anos