Saltar navegación

Enviamos as cartas

Actividade: O envío

De cara a enviar as cartas é necesario reflexionar sobre:

  1. Os datos que temos que incluír no sobre para que a carta chegue ao seu destino.
  2. O lugar onde debemos depositala para o seu envío.

O sobre

sobre_frontal
Cover Bahamas 1929 (Dominio público)

 

As oficinas de Correos

As oficinas de Correos, segundo nos indica Wikipedia, son os entes encargados de enviar, recibir, ordenar, manexar, transmitir ou entregar o correo.

Proponse nesta actividade cubrir o sobre cos datos necesarios (destinatario e remitente) e visitar a oficina de correos máis próxima. Pode resultar de gran interese contactar previamente cos funcionarios de Correos para que colaboren amosando a oficina ao alumnado. Para a localización da oficina máis próxima pódese utilizar o "Localizador de oficinas.