Desde o pasamento de Conchita, non fixen outra cousa máis que pintar. Xa dominaba a técnica do óleo, e o meu pai cedeume a súa paleta e as súas cores. Él xa non quería seguir pintando, e dicía que eu tiña máis talento. O certo é que pronto faría as miñas primeiras exposicións na rúa Real, e foron un éxito de crítica. Saíron reseñas nos xornais: na Voz de Galicia, vaticinaban: “Continúe por ese camiño, e non dude que acadará días de gloria e un porvir brilante”. Non pensedes que eso era o común: co meu pai, os críticos eran moi crueles!
Na casa xa me vían como un artista de verdade, e o meu pai pagaba modelos para que me posasen. Xente humilde, e mendigos da rúa. Tamén fixen moitos paisaxes, e retratos da familia.
Días de gloria! Oxalá sexa certo, pensaba eu, porque a verdade é que, aparte das exposicións, estes días na Coruña foron un inferno para todos nós. Os meus pais non soportaban a tristeza, e o clima, e pronto marcharíamos a vivir a Barcelona. Agardábame un porvir brilante!
|