Pablo, un neno pintor na Coruña vermello azul amarelo verde negro violeta
  Pablo A cidade Os amigos A arte A morte A gloria
Don Ramón Pérez Costales, retratado por Gumersindo Pardo Reguera Os amigos

Para min, o traslado a Coruña foi unha festa. Por fin libre da vixilancia das miñas tías de Málaga! Pronto fixen os meus primeiros amigos no instituto, e comecei a interesarme polas rapazas.

Corríamos na praia do Orzán, toureando as olas. Tamén facíamos touradas na praza de Pontevedra, á saída do instituto: eu era o touro. E as pedreas no monte de Santa Margarida, que pintei nunha tabliña en 1895, o meu último ano coruñés. Gardei esa tabla toda a vida.

Os meus mellores amigos aquí eran Antonio, o fillo do farmacéutico Gumersindo Pardo Reguera, que tamén era pintor; e Constantino Sardina, que rematará de cura.

O meu pai non estivo tan contento co traslado como eu, e saía pouco de casa. O clima galego era moi duro para el, e tiña morriña do sol malagueño. Menos mal que estaba don Ramón, que vivía ao noso carón e foi unha gran axuda durante todo o tempo que estivemos aquí. Eu pinteille un retrato que levei sempre comigo.

Actividades Don Ramón Gumersindo e Antonio A escola Política