Pablo, un neno pintor na Coruña vermello azul amarelo verde negro violeta
  Pablo A cidade Os amigos A arte A morte A gloria
Alegoría das artes, por Román Navarro A arte

Co latexo da Escola de Belas Artes, a pintura fluía na Coruña. Destacaban moitos artistas, e eu devoraba todo o que se expuña nos escaparates da rúa Real. O que se levaba entón era un estilo clásico, académico, con toques do realismo naturalista que tamén prendía na literatura de Dona Emilia.
Os máis novos eran Ovidio Murguía e Joaquín Vaamonde. Ovidio era fillo de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, e facía unhas paisaxes que gústabanme moito. Vaamonde era un gran retratista, e tamén aprendín cousas del. Os dous morreron moi novos, de tuberculose, cinco anos despois de marchar eu da Coruña. A tise fixo estragos na xuventude daquela época, e por iso aos pintores deses anos os chamaron a Xeración Doente. Os máis vellos eran Román Navarro, Isidoro Brocos e Pardo Reguera. E o meu pai, claro. Román Navarro era militar, e fixo moitas esceas da guerra do Riff, ademáis de moitos retratos da burguesía coruñesa. Tamén os teitos do salón de actos da escola, que eu quedaba abraiado mirando nas aperturas de curso. Brocos, que estivera en París, foi o que soltou a miña pincelada, que o meu pai, moi académico, tiña moi agarrotada. Todos eles eran profesores da Escola. E logo estaba Pardo Reguera, na farmacia da rúa Real, que facía uns retratos moi habilidosos.

Actividades Os artistas A aprendizaxe Temas e técnicas