Pablo, un neno pintor na Coruña vermello azul amarelo verde negro violeta
  Pablo A cidade Os amigos A arte A morte A gloria
A Torre de Hércules, en 1895 A cidade

Nos meus anos galegos, os últimos do século XIX, A Coruña era a cidade máis próspera e moderna de Galicia. Había moitas fábricas: a de Tabacos, a de Gas, cristaleiras, textís... Por suposto, a mar e o porto eran importantísmos. Vivían na Coruña moitos obreiros, e tamén moitos burgueses que instalábanse no novo barrio da cidade, o Ensanche, preto da miña casa: industriais, avogados, intelectuais…
Naquela época a xente pasaba as veladas nos faladoiros, como o da rebotica do pai do meu amigo Antonio, na farmacia de Pardo Reguera, na rúa Real, 92. Ou na casa de Don Ramón Pérez Costales, un médico moi querido na miña familia.
Don Ramón foi ministro da República. A I República Española, que rematou antes de que eu nacera. Durou moi pouco, menos dun ano. E logo viñeron Alfonso XII e Alfonso XIII que era o rei cando eu vivía aquí. Claro que a que reinaba era a súa nai, Mª Cristina, a raíña rexente, porque el era un neno aínda máis novo que eu.
O caso é que a min as ideas republicanas de don Ramón convencéronme. Na súa casa vin eu as primeiras bandeiras ca franxa morada, cando Pi y Margall, que fora Presidente da República, visitou a cidade. A Coruña era unha cidade liberal, republicana, e con moita axitación política e cultural.

Actividades Urbanismo e arquitectura Sociedade e economía Cultura Política