>>> Cubismo 1907-2007 | Cen anos de revolución

Joaquín Morales Leyva

Xefe do Departamento de Artes Plásticas (I.E.S. A Cachada)

O ano 2007 foi o ano do centenario de As señoritas de Avignon. Trátase dun aniversario moi especial xa que con este cadro naceu o CUBISMO, que é case o mesmo que dicir que naceu de novo a Pintura. As señoritas de AvignonDende o Departamento de Artes Plásticas do I.E.S. A Cachada de Boiro quixemos celebrar este acontecemento a través dun proxecto ambicioso. Os alumnos de 3º E.S.O. acometeron a reprodución

Reprodución: Copia dunha pintura ou un debuxo realizada por medios mecánicos ou manuais.

en gran formato dunha selección de obras cubistas. Sen dúbida esta actividade resultou de gran interese na aula; a través dela os alumnos deberon traballar en equipo e puideron estudar as formas, as cores, os temas e as técnicas empregadas por artistas tan importantes como Picasso, Juan Gris, Braque… Artistas todos eles que viviron e traballaron en París durante a voráxine das Vangardas e cuxas innovacións revolucionaron a pintura deixando atrás conceptos que rexían a arte dende o Renacemento. Unha revolución que dura ata os nosos días e é que as señoritas, a pesares do seu século de vida, seguen tan frescas!

As pinturas, realizadas en diversas técnicas sobre lenzo, forman unha exposición que agora poñemos a disposición doutros centros de Galicia que a soliciten. Ademáis, nesta web pódese atopar información sobre este movemento artístico, coñecer aos seus principais representantes, estudar as súas obras, xogar e acceder a unha serie de actividades propostas para desenvolver na aula.

Toda a información sobre a exposición, as súas características e as condicións para solicitala está na ligazón: Solicitar exposición


Autoavaliación

7 obras cubistas

As señoritas de Avignon
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso
1907
Mujer con mandolina
Muller con mandolina
Georges Braque
1910
Arlequin
Arlequín
Pablo Picasso
1915
Retrato de Josette
Retrato de Josette
Juan Gris
1916
Natureza morta cubista
María Blanchard
1917
Frutero
Froiteiro
Henri Laurens
1918
Guitare et compotier
Guitarra e froiteiro
Juan Gris
1927

moralesleyva@edu.xunta.es

Marzo / 2008