
>>> Como recoñecer unha obra cubista?
Decálogo cubista
O artista húngaro Moholy-Nagy, que foi profesor na Bauhaus
|
| Bauhaus: Institución para o ensino das artes aplicadas onde se pretendía unificar todas as disciplinas artísticas. Foi fundada en 1919 en Weimar (Alemaña) pero o goberno Nazi pechouna no ano 1933. |
durante varios anos, fixou as características do estilo cubista nun decálogo no que relaciona todas as novidades que introduciu o Cubismo.
1 |
 |
Distorsión.
|
2 |
 |
Xiro de obxectos.
|
3 |
 |
Cortes: o emprego das partes en lugar do total.
|
4 |
 |
Desprazamento: dislocación das partes. Refracción de liñas continuas.
|
5 |
 |
Superposición de distintas vistas dos obxectos.
|
6 |
 |
Introdución de liñas xeométricas exactas, rectas e curvas.
|
7 |
 |
Cambio de liñas ou planos positivo-negativos.
|
8 |
 |
Múltiples formas nunha. Pluralismo. Un contorno refírese a varias formas.
|
9 |
 |
Obxectos: tipos de imprenta, sobres, mesa, pata de mesa, guitarra, violín, froita, froiteiro, copa, botella, caixa, paxaro morto, peixe, baralla, pipa, envoltorio de tabaco (a atmosfera traducida por estes obxectos é a dun café de París).
|
10 |  |
Materiais e técnicas para o tratamento da superficie: cartón corrugado, papel para parede, mármore, madeira, area, tipografía de xornais, po de mármore, arame, peiteado, enredado e raspado de pigmento. |
|
7 obras cubistas
|
 |
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso 1907 |
 |
Muller con mandolina
Georges Braque 1910 |
 |
Arlequín
Pablo Picasso 1915 |
 |
Retrato de Josette
Juan Gris 1916 |
 |
Natureza morta cubista
María Blanchard 1917 |
 |
Froiteiro
Henri Laurens 1918 |
 |
Guitarra e froiteiro
Juan Gris 1927 |
|
|
|
| |