>>> Que é o Cubismo?

Un novo estilo artístico

O Cubismo é un estilo artístico, poida que o máis importante do século XX. Chamamos estilo artístico a aquela corrente artística que se produce nunha determinada época e na que podemos diferenciar unhas características propias, que a diferencian das demais. Esas características poden ter relación cos temas representados, as técnicas empregadas ou a filosofía que subxace baixo a obra artística. Así pois, podemos dicir tamén que o Cubismo é unha corrente, un movemento ou un ismo

Ismo: O sufixo -ismo emprégase para formar sustantivos (egoísmo, atletismo, astigmatismo...). No ámbito artístico emprégase como sustantivo para referirnos ás distintas correntes artísticas que se sucederon a grande velocidade durante a primeira metade do século XX.

de comezos do século XX.

O término Cubismo

O nome de Cubismo debémosllo ao crítico de arte Louis Vauxcelles quen ao contemplar os cadros de Georges Braque refiriuse aos "cubos" que alí estaban pintados.
Casas en l'Estaque (Georges Braque) Le viaduc à l'Estaque (Georges Braque)
Casas en l'Estaque
Georges Braque, 1908
O acueduto en l'Estaque
Georges Braque, 1908

Autoavaliación

7 obras cubistas

As señoritas de Avignon
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso
1907
Mujer con mandolina
Muller con mandolina
Georges Braque
1910
Arlequin
Arlequín
Pablo Picasso
1915
Retrato de Josette
Retrato de Josette
Juan Gris
1916
Natureza morta cubista
María Blanchard
1917
Frutero
Froiteiro
Henri Laurens
1918
Guitare et compotier
Guitarra e froiteiro
Juan Gris
1927

moralesleyva@edu.xunta.es

Marzo / 2008