>>> As etapas do Cubismo

Aparición e evolución da linguaxe cubista

No Cubismo podemos distinguir tres etapas ben diferenciadas. Son as seguintes:

1. PROTOCUBISMO (1907-1909)

Nos primeiros cadros cubistas as formas xeometrízanse e fragméntanse en facetas sobre as que a luz actúa por separado, como nas paisaxes que Picasso pintou en Horta durante o verán de 1909. Nas figuras apréciase a fascinación polo primitivismo africano. Xa non existe a preocupación pola perspectiva

Perspectiva: Sistema polo que se crea a ilusión espacial e tridimensional dos obxectos sobre o superficie bidimensional pictórica. As pintores renacentistas desenvolveron os seus principios teóricos.

.
Protocubismo Protocubismo
Depósito de auga, Horta de Ebro
Pablo Picasso, 1909
Muller con abano
Pablo Picasso, 1908

2. CUBISMO ANALÍTICO (1909-1912)

Durante esta etapa unha serie de liñas dividen o lenzo creando planos, as figuras descompóñense tamén en pequenas pezas que se distribúen polo espazo; apenas quedan rasgos que nos axuden a recoñecer os obxectos. A paleta de cores redúcese aos grises, pardos e verdes.
Cuismo analítico Cubismo analítico Cubismo analítico
Retrato de D.H. Kahnweiler
Pablo Picasso, 1910
O acordeonista
Pablo Picasso, 1910
Muller con guitarra
Georges Braque, 1913

3. CUBISMO SINTÉTICO (1912-1914)

A incorporación de obxectos reais, coma xornais, envoltorios de tabaco, partituras, cartóns, etc. mediante a técnica dos papiers-collés (colaxe) deriva nas composicións sintéticas, nas que grandes planos de cor enchen a superficie. Os cadros recuperan o colorido e adquiren certa "tridimensionalidade" coa incorporación destes materiais.
Cubismo sintético Cubismo analítico
Violín e partitura
Picasso, 1912
O almorzo
Juan Gris, 1915

Autoavaliación

7 obras cubistas

As señoritas de Avignon
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso
1907
Mujer con mandolina
Muller con mandolina
Georges Braque
1910
Arlequin
Arlequín
Pablo Picasso
1915
Retrato de Josette
Retrato de Josette
Juan Gris
1916
Natureza morta cubista
María Blanchard
1917
Frutero
Froiteiro
Henri Laurens
1918
Guitare et compotier
Guitarra e froiteiro
Juan Gris
1927

moralesleyva@edu.xunta.es

Marzo / 2008