
>>> Onde, cando e como naceu o Cubismo?
París, o centro mundial da arte
O Cubismo naceu en París a comezos do século XX. Durante aquela época a capital francesa era o destino preferido daqueles que querían chegar a ser grandes artistas e dous deses eran Pablo Picasso e Georges Braque, considerados os pais do Cubismo.
Non se pode dicir que o Cubismo nacera cun programa escrito ou unhas intencións previas. Non existiu unha "escola cubista", nin tampouco un manifesto
|
| Manifesto: Publicación onde se expoñen as intencións ou doctrinas dun grupo de artistas. |
, tal e coma ocurrirá con correntes posteriores (Futurismo, Surrealismo,...). A aparición do Cubismo foi algo máis intuitivo e natural. Como dixo Picasso:
"Cando faciamos cubismo, non o faciamos intencionadamente, senón que só queriamos expresar o que levabamos dentro".
As fontes do Cubismo
Dous feitos serviron de catalizador na irrupción do novo estilo pictórico: O primeiro, a gran admiración dos pintores xoves pola obra de Paul Cézanne, de quen se realizou unha exposición-homenaxe en 1905. Na obra de Cézanne a natureza está organizada xeometricamente. O pintor postimpresionista dixera unha vez:
"Na natureza, todo toma a súa forma da esfera, o cono e o cilindro".
O segundo, a influencia da arte negra que coñeceron a través das exposicións organizadas en París. Picasso trasladou as máscaras africanas ao seu famoso lenzo As señoritas de Avignon.
 |
 |
O Château Noir
Paul Cézanne, 1906 |
Montaña Sainte-Victorie
Paul Cézanne, 1904 |
|
7 obras cubistas
|
 |
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso 1907 |
 |
Muller con mandolina
Georges Braque 1910 |
 |
Arlequín
Pablo Picasso 1915 |
 |
Retrato de Josette
Juan Gris 1916 |
 |
Natureza morta cubista
María Blanchard 1917 |
 |
Froiteiro
Henri Laurens 1918 |
 |
Guitarra e froiteiro
Juan Gris 1927 |
|
|
|
| |