>>> Aportacións do Cubismo

Unha nova visión das cousas

En palabras de Picasso o Cubismo foi "unha fonte de descubrimentos". Algúns deses "descubrimentos" resultaron decisivos na evolución da arte.
  • A primeira aportación foi que conseguiron independizar a arte da realidade; a pintura xa non era unha simple copia da natureza, a pintura era unha realidade en si mesma. O pintor cubista pintaba as cousas tal e como as pensaba, non como as vía.

  • Os cubistas desentendéronse da perspectiva deixando atrás unha tradición que viña dende o Renacemento. Isto permitiulles experimentar e compoñer libremente coas formas e as cores. Era o principio do camiño cara a abstracción

    Abstracción: A arte abstracta non imita nin representa a realidade externa e trata de transmitir sensacións ao espectador tan só a través das formas e cores. O Cubismo foi o primeiro estilo abstracto.

    .

  • A técnica dos papiers collés (colaxe) aportou novas posibilidades creativas ao introducir obxectos do contorno nos cadros. Nas escultura isto traduciuse en assemblages (ensamblaxes).

  • A linguaxe cubista acelerou a aparición doutros movementos como o Futurismo italiano, o Suprematismo ruso ou o Neoplasticismo holandés.

Futurismo Suprematismo Neoplasticismo
Tren da Cruz Vermella atravesando un pobo
Gino Severini, 1915
Amarelo e negro
Kazimir Malevich, 1916
Composición con vermello, amarelo, azul e negro
Piet Mondrian, 1921

Autoavaliación

7 obras cubistas

As señoritas de Avignon
As señoritas de Avignon
Pablo Picasso
1907
Mujer con mandolina
Muller con mandolina
Georges Braque
1910
Arlequin
Arlequín
Pablo Picasso
1915
Retrato de Josette
Retrato de Josette
Juan Gris
1916
Natureza morta cubista
María Blanchard
1917
Frutero
Froiteiro
Henri Laurens
1918
Guitare et compotier
Guitarra e froiteiro
Juan Gris
1927

moralesleyva@edu.xunta.es

Marzo / 2008