Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Os REA da área de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria están deseñados a partir da programación modelo de Proens 2022-2023, versión 1.

Os REA de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria respectan a programación modelo de Proens. Cada REA correspóndese con dúas unidades didácticas referidas a cada un dos tres bloques da área.

Nestes tres bloques preténdese facer un percorrido dende a propia persoa e a súa autonomía, analizar o papel que cumpre na sociedade e a súa responsabilidade para coas demais persoas e para rematar, pescudar sobre a responsabilidade ética e moral que temos de cara ao mundo, aos demais seres vivos e ao noso planeta.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA01: "Pinceladas de emocións"

UD 1: Quen son eu?

CA1.1, CA1.2, CA1.3

33 %

11 sesións

UD 2: Como debo actuar?

CA1.4, CA1.5

REA02: "Mil latexos de papel"

UD 3: Eu como son ser humano, social e democrático

CA2.1, CA2.2, CA2.3

34 %

12 sesións

UD 4: Todas as persoas somos iguais

CA2.4, CA2.5, CA2.6

REA03: "Sementando camiños"

UD 5: Todos os seres vivos merecemos respecto

CA3.1, CA3.2

33 %

12 sesións

UD 6: E eu, como podo axudar ao planeta?

CA3.3, CA3.4

Eixes da proposta didáctica

A proposta didáctica desenvolverá os contidos establecidos no currículo de Educación en Valores Cívicos e Éticos, baseándose nos eixes da propia área:

O enfoque principal é a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), que permite ao alumnado desenvolver competencias creativas no marco dunha situación de aprendizaxe significativa.

Tal e como se recolle na descrición xeral, este REA está intimamente ligado coas área de Educación Plástica e Visual, Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, promovendo unha situación de aprendizaxe que trata contidos relacionados cos seguintes ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible):

  • ODS 4. Educación de calidade.
  • ODS 7. Enerxía accesible e non contaminante.
  • ODS 12. Produción e consumo responsable.
  • ODS 13. Acción polo clima. 
  • ODS14. Vida submarina.
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres.
  • ODS 16. Paz, xustiza e institucións sociais.

Os eixes principais son os seguintes:

  • Fomento da Competencia Lingüística: desenvolver as habilidades de comprensión e expresión en lingua galega, tanto na comunicación oral como escrita.
  • Aplicación do ABP: potenciar o traballo cooperativo e a resolución de problemas mediante o deseño dun produto final que combine a creatividade e a educación emocional.
  • Conciencia lingüística: fomentar o uso do galego en contextos creativos, valorando a súa diversidade e riqueza como parte da identidade cultural do alumnado.
  • Creatividade e tecnoloxía: integrar o emprego das TIC dun xeito responsable, analizando de xeito crítico as redes sociais.
  • Valores e competencias sociais: traballar a responsabilidade e o respecto ao medio ambiente a través do desenvolvemento dun proxecto colectivo que require a participación activa e o consenso.
  • Conciencia e sensibilidade co entorno natural: desenvolver actitudes de respecto co entorno e cos seres vivos que habitan nel e analizar as ameazas que lle afectan. 

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no aplicativo de Proens para a área de Educación en Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria, contextualízase nas unidades 5 e 6 e que leva por nome "Sementando camiños". É importante mencionar que o alumnado terá que integrar o aprendido nas unidades previas da programación anual.

O recurso englóbase principalmente no seguinte bloque:

  • Bloque 3. Desenvolvemento sostible e ética ambiental: búscase, a través do traballo interdisciplinar e cooperativo, que as alumnas e os alumnos comprendan a complexa relación entre as nosas formas de vida e a contorna, identificando os grandes problemas ecosociais que marcan a axenda mundial e debatendo acerca da forma de afrontalos e da nosa relación cos seres vivos, co obxecto de que adopten un compromiso ético e afectivo con hábitos de coexistencia sustentable coa natureza.

Contidos

Bloque da materia

  • Natureza humana e natureza animal:
    • Relacións e condutas afectivas e respectuosas cara aos demais seres vivos fundamentadas en valores comúns e democráticos.
    • Actitude humana e respectuosa coa biodiversidade.
  • A ecodependencia, a empatía e o deber. As posibles consecuencias dunha mala praxe:
    • As ameazas ao medio ambiente: o cambio climático, a deforestación, a desertización, a polución e a contaminación, a perda de biodiversidade. O exemplo da capa de ozono.
  • A ética, a política e a xustiza nun planeta habitable:
    • O ser humano como animal político na natureza: dereitos humanos da solidariedade e comportamentos éticos cara aos animais. O rexeitamento e a prevención do maltrato animal.
    • O ser humano como un ser ético no planeta: o deber en relación co resto dos seres vivos.
  • Prácticas responsables: valores, hábitos e actividades para o desenvolvemento racional e sustentable:
    • O papel das persoas, colectivos e entidades comprometidas coa protección da contorna.
    • O uso sustentable da enerxía, a produción racional de bens de consumo e a xestión dos residuos.
    • A actitude crítica ante a contaminación e a perda de biodiversidade.
    • A actitude responsable respecto do coidado dos animais, da valoración da auga, do aire, do solo e dos bosques e da protección do planeta.

Bloque 3

No que respecta aos obxectivos, este recurso centrase nos seguintes:

Obxectivos

Descrición

OBX3

Comprender as relacións sistémicas entre o individuo, a sociedade e a natureza, a través do coñecemento e da reflexión sobre os problemas ecosociais, para comprometerse activamente con valores e prácticas consecuentes co respecto, coidado e protección das persoas e do planeta.

OBX4

Desenvolver a autoestima e a empatía coa contorna, identificando, xestionando e expresando emocións e sentimentos propios, e recoñecendo e valorando os dos outros, para adoptar unha actitude fundada no coidado e no aprecio de si mesmo, dos demais e do resto da natureza.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave establecidos pola normativa e relacionados coa situación de aprendizaxe.

Competencias clave

Clave dos descritores operativos

Competencia en comunicación lingüística (CCL)

CCL1, CCL2, CCL5

Competencia Plurilingüe (CP)

Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)

STEM1, STEM5

Competencia dixital (CD)

Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA)

CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3

Competencia cidadá (CC)

CC2, CC3, CC4

Competencia emprendedora (CE)

CE1, CE3

Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)