Temporalización do REA
Este REA está deseñado para desenvolverse en 12 sesións. A proposta é que se imparta no terceiro trimestre.
Na seguinte táboa hai unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso.
|
Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|---|---|---|---|
|
1. Descubrindo a fraga |
1.1. O reto 1.2. Sementando 1.3. Diario de aprendizaxe |
Motivar o alumnado para afrontar o reto final: a creación dunha escultura, que formará parte do terceiro espazo do museo. O fío condutor é a historia do Carballo Ventureiro e a plantación dunha landra ao inicio deste REA. |
1 sesión |
|
2. Os nosos bosques |
2.1. Boa prácticas 2.2. Son unha árbore! 2.3. Diario de aprendizaxe |
Activar os coñecementos previos relacionados co coñecemento do noso entorno natural, o monte galego. Diferenza entre especies autóctonas e invasoras. Recoñecemento de dereitos e deberes no medio natural. |
2 sesións |
|
3. As ameazas |
3.1. Cambio climático 3.2. Deforestación 3.3. Desertización 3.4. Contaminación 3.5. Perda da diversidade 3.6. Repasamos 3.7. Diario de aprendizaxe |
Coñecer as principais ameazas ao medio natural así como, posibles medidas para enfrontalas ou evitalas. Adquirir conciencia da importancia do coidado do entorno, así como das especies que habitan nel a través de acontecementos de relevancia que sucederon nas nosas terras. Recoñecer as especies autóctonas, así como as invasoras. |
7 sesións |
|
4. As sementes |
4.1. A arte da reciclaxe 4.2. A nosa escultura 4.3. Diario de aprendizaxe |
Desenvolver o reto proposto: composición grupal dunha escultura con materias naturais e de refugallo. |
1 sesión |
|
5. O noso museo |
5.1. Autoavaliación 5.2. Colabora na coavaliación 5.3. Diario de aprendizaxe 5.4. Actividade complementaria |
Reflexionar sobre o traballo realizado e sobre o aprendido durante o proceso. Autoavaliación do reto e coavaliación dos diferentes grupos. |
1 sesión |