Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de Proens).
|
Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación |
Mínimos de consecución |
Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (Proens) |
% (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
|
CA3.1 - Interactuar cos outros adoptando, de forma motivada e autónoma, condutas cívicas e éticas orientadas polos valores comúns, a partir do coñecemento dos dereitos humanos e dos principios constitucionais fundamentais, en relación con contextos e problemas concretos, así como por unha consideración crítica e dialogada sobre como debemos relacionarnos cos demais. |
Identificar e describir condutas incívicas a partir dos dereitos humanos e principios constitucionais fundamentais. |
TI |
5 |
25 % |
|
CA3.2 - Avaliar diferentes alternativas coas que frear o cambio climático e acadar os obxectivos de desenvolvemento sustentable, identificando causas e problemas ecosociais e xustificando argumentalmente, e de modo crítico, o deber ético de protexer e coidar a natureza. |
Identificar propostas ou alternativas posibles para frear o cambio climático a partir das accións individuais. |
TI |
5 |
25 % |
|
CA3.3 - Comprometerse activamente con valores, prácticas e actitudes afectivas consecuentes co respecto, coidado e protección das persoas, dos animais e do planeta, a través da participación en actividades que promovan un consumo responsable e un uso sustentable do solo, do aire, da auga, da enerxía, da mobilidade segura, saudable e sustentable e da prevención e xestión de residuos, recoñecendo o papel das persoas, colectivos e entidades comprometidas coa protección da contorna. |
Argumentar sobre a necesaria protección e coidado dos animais e demais seres do planeta. |
TI |
6 |
25 % |
|
CA3.4 - Xestionar equilibradamente pensamentos, sentimentos e emocións e desenvolver unha actitude de estima e coidado de si mesmo ou si mesma, dos demais e da contorna, identificando, analizando e expresando de maneira asertiva as propias emocións e afectos e recoñecendo e valorando os doutras persoas, en distintos contextos e en relación con actividades creativas e de reflexión individual ou dialogada sobre cuestións éticas e cívicas. |
Expresar opinións de xeito crítico e incorporar nas súas intervencións achegas de compañeiras e compañeiros. |
TI |
6 |
25 % |
| Lenda: %: peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: proba escrita, TI: táboa de indicadores | ||||